28 de setembro de 2017

Outono

Co gallo da chegada do outono estes días no timbre musical estamos escoitando un fragmento do concerto "O outono", pertencente á colección "As 4 estacións", obra do célebre violinista e compositor veneciano Antonio Vivaldi (primeira metade do s.XVIII).