Para verificar todo o que atopamos e saber un pouquiño máis das formigas, decidimos preguntar na casa que sabían por alá as nosas familias. A mamá de Xulia, enviounos un formigueiro para que vísemos todo o proceso de traballo que fai a diario unha formiga e que a profe xa nos explicara.
Pero tivemos un problema, no formigueiro non había formigas, así que tivemos que ir ao patio na búsqueda delas. Vaia experiencia!! mirade que ben o pasamos que ata convidamos aos nosos compañeiros de infantil a que nos axudasen, pois algunha resistíase a entrar no recipente.
Na nosa visita á biblio, atopamos un conto no que saía unha formiga moi atrevida! Grazas a ela o Coelliño Branco puido tomar un bo caldiño!! Como nos gustou moito esta historia decidimos facer o noso propio conto! Dádelle ao play e veredes que artistas estamos feitos!
Aquí está o resultado final do noso formigueiro. Canto traballaron as nosas formigas!