8 de decembro de 2010

Samaín 2010

Antes de comezar pedimos desculpas por la tardanza en subir as fotos pero as líneas andan moi colapsadas¡¡¡

Outro ano máis chegou o Samaín a Frións. Este ano, como vén sendo habitual, tocounos aos nenos e nenas de infantil, xunto coas nosas profes, ser os artífices da decoración do "hall" de entrada do noso cole, así que sen pensalo dúas veces puxémonos mans á obra. Mirade canto traballamos nos días previos a esta festa e todo o que nos  divertimos.
O Bosque das bruxas: con culleres de pau realizamos bruxas moi divertidas nun taller conxunto de todo infantil.



Resultado final...

Tamén realizamos outros traballos para decorar as aulas, os corredores, as fiestras... Que bonito deixamos o cole!



A cova dos morcegos: con moito papel negro as mestras decoraron a entrada donde todos os días agardamos que nos veñan recoller os nosos papis e mamis, alí  colocamos os morcegos que ao longo desa semana elaboramos nas nosas aulas. O resultado foi moi tenebroso, pero como nós somos nenos e nenas moi  valientes, non tivemos ningún medo.




Canción "Corre, corre, cabaciña": entre preparativo e preparativo chegou o  turno de ensaiar a canción de corre corre cabaciña  para cantar con todo o cole o día do festival.



Cabazas: Algúns de nós trouxemos ao cole cabazas decoradas coas nosas familias. Este ano dende o equipo de dinamización lingüística, e dado que no centro estamos a traballar a interculturalidade (proxecto da biblioteca), propúxose que as cabazas fosen decoradas relacionadas con outras culturas. A verdade, que aproveitamos para felicitarvos a todas e todos os que colaborachedes, pois quedaron unhas cabazas "interculturais" moi bonitas e divertidas. GRAZAS PAPÁS E MAMÁS¡¡







CHEGOU O DÍA DO SAMAÍN!

Vaia sorpresa levamos cando chegamos á clase o venres pola tarde, as profes xa non eran profes, eran BRUXAS!!! e un a un  fóronnos convertindo en vampiros, qué divertido!





Celebración con todo o cole
Unha vez convertidos en vampiros xa estábamos listos para  baixar ao ximnasio a celebrar o samaín. Cando chegamos alí vimos que estaba cheo aquelo de bruxas que prepararon un conxuro máxico para que se nos fosen os nosos medos. Que bruxas tan divertidas! a cambio de botar no seu pote os nosos medos, déronnos chocolatinas!!



Tamén nos visitou Pedro Nunes (o noso explorador-contacontos particular) a contarnos un conto do Samaín: "Corre, corre, Cabaciña". GRAZAS PEDRO! pasámolo mooooi ben!





Para rematar coa festa todos xuntos cantamos a canción  que ensaiamos días antes