31 de xaneiro de 2011

CUMPREANOS PRIMEIRO TRIMESTRE

Di o refrán que máis vale tarde ca nunca. Xa se sabe que ás veces as cousas das novas tecnoloxías complícanse, pedimos desculpas, pero por sorte recuperamos unhas fotos que creíamos perdidas. A finais de Decembro celebramos unha festa de aniversarios conxunta de todos os nenos e nenas que cumpriron anos durante o primeiro trimestre.
Cumpriron 3 anos

PABLO


SARA


Cumpriron 4 anos NEREA  e  5 anos OTMANE, KEVIN , AINHOA e UXÍA



felicidades

10 de xaneiro de 2011

NADAL 2010

Deixámosvos un video das nosas actuacións no festival de Nadal o pasado 22 de decembro para todos aqueles papás e mamás que non puidéchedes asistir.
Despois de ensaiar unhas cantas veces o resultado foi excelente¡¡



Tamén cantamos unha canción en inglés que nos ensinou a profe Marta¡¡



Podedes ver o resto de actuacións no blog da biblioteca ( se pinchades co rato vades directamente).

Queremos darlle un gracias moi grande ao profe Luis, que estas vacacións sacou tempo para subir todos estes videos.

9 de xaneiro de 2011

MAGOSTO 2010

O día 19 de Novembro celebramos no cole o Magosto. Como cada ano o Concello cedeunos xogos populares, cos que nos divertimos un bo anaco. Como nos visitou a choiva tivemos que xogar dentro do cole. Así que, os corredores do mesmo convertéronse en salas de xogos improvisadas. Queredes ver o ben que o pasamos?

OS BOLOS
O ARO
Era tan difícil conseguir empurrar o aro sen que fose ao chan que necesitamos da profe Maricarmen, a única que o conseguiu. Toda unha experta.

A RA
Consistía en lanzar e meter castañas na boca da ra, parecía difícil pero as profes sorprendéronse da puntería dalgúns nen@s


OS ZANCOS
Foi tan divertida esta competición que ata os nenos e nenas de 3 anos que nunca practicaran este xogo se atreveron con el.


REMATADOS TODOS OS XOGOS CHEGOU O MOMENTO DE COMER AS CASTAÑAS, ÑAM ÑAM!!

8 de xaneiro de 2011

O DUENDE DO OUTONO

Coa chegada do outono, tivemos unha visita sorpresa á vez que misteriosa nas nosas aulas... Tras o son dunha campá o corredor de infantil aparecía cheo de follas e nas portas das nosas clases cestas repletas de froitos da época. O primeiro día, resultou toda unha novidade pois ninguén sabía de quen se trataba, pero pronto vimos que nas cestas ademais de froitas tiñamos unha mensaxe. As mestras leron e soupemos que nos visitaba O Duende do outono. Un señor barrigudo vestido con follas caídas das árbores, que nos quere ensinar as froitas típicas da estación.

Menuda alegría levabamos día a día cando escoitabamos a campá. Queres vernos as caras de sorpresa?


Tamén aprendemos as propiedades das froitas e cada día saboreamos e degustamos algunhas delas.
E como o duende é moi pillo ademais de traernos froitas tamén nos mandou traballiño para coñecer un pouquiño máis das características e texturas das mesmas.