A semana pasada, os nenos e nenas de 4 anos (e os de 1º e 2º de primaria) recibimos unha carta do Pedro Nunes!
Nela contounos que se atopa de viaxe por América, concretamente no país que queda máis ao norte deste continente.
Díxonos que nese país a xente fala polo menos dúas linguas, hai moitos bosques de cedros e arces, e nel podemos atopar animais como castores, focas e osos polares!
Tamén escoitamos cancións nas linguas que se falan alí.
Sabedes onde se atopa o Pedro Nunes?
Nós descubrímolo moi rápido! Dádelle ao "Play"!
Somos os nenos e nenas de educación infantil do CEIP de Frións (Carreira-Ribeira) e queremos compartir coas nosas familias e outros "compis" as nosas aventuras nesta primeira etapa educativa do longo camiño da maxia dos saberes.
15 de febreiro de 2011
2 de febreiro de 2011
DIA DA PAZ
O pasado venres 28 de xaneiro celebramos no noso cole o día da paz.
Durante toda a semana estivemos realizando traballos dentro da aula encamiñados a esta celebración. Cos nosos compañeiros de 1º e 2º de primaria realizamos un mural. (pulsade o play e veredes)
Este foi o resultado final
Tamén os nenos de 2º de primaria quixeron compartir con nós, unhas mensaxes de paz que eles mesmos elaboraron e discurriron.
O venres pola tarde todos os nenos e nenas do cole saimos ao patio a conmemorar xuntos este día. Alí leimos poesías e xuntos cantamos a canción que este ano eleximos para gritar Paz

Por último agradecemos as familias, unha vez máis a súa colaboración. Pois todas as pombiñas que viñeron decoradas das casas, serviron para crear un bosque moi solidario...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)