22 de marzo de 2011

PASOU O ENTROIDO!

Pasou o Entroido por Frións e disfrutámolo con todos os sentidos!! Como esa semana estabamos moi emocionados esperando o gran desfile e tiñamos moitas ganas de disfrazarnos e comezar a festexar pensamos que era unha boa idea ir todos os días con unha sorpresiña para a casa, así que cada día nos disfrazamos dunha cousa diferente, e que ben o pasamos!

O luns: convertémonos en "mimos". Vimos un vídeo moi gracioso dun mimo e imitándoo aprendemos a expresarnos simplemente con xestos!

O martes: elaboramos e lucimos un antiface do máis fashion! Víamos todo o mundo de cor!


O mércores: fomos uns gatiños moi bos, desprazámonos e comunicámonos como fan os gatos... MIAAAAAU!


O xoves: agochámonos detrás dunhas máscaras ao máis puro estilo Veneciano. Quen son?


O venres: Por fin chegou o gran día! ao son da música desfilamos arredor do cole vestidos coas nosas mellores galas de Entroido. Como no cole estamos traballando as diferentes culturas, cada ciclo disfrazouse de culturas típicas de cada continente. Todo o traballo destes días elaborando os disfraces valeu a pena! Íamos guapísimos!!




Ao rematar o desfile degustamos doces típicos destas datas.... DELICIOSO!!!

Moitas grazas ás familias que viñéchedes a animarnos ao desfile e que nos enchéstedes a tripiña con filloas, milindros, orellas..... ÑAM! ÑAM!