Este mes de maio foi un mes moi movido no noso cole, tamén nos visitaron os bombeiros. Tras unha alarma de incendios abandonamos á toda presa o colexio. Menuda sorpresa¡ tratábase dunha falsa alarma, un simulacro ao que acudiron os bombeiros. E tras o apuro inicial chegou a diversión de sentirnos bombeiros por un día.
Gracias ao grupo de bombeiros pola paciencia e atención que lles amosáchedes aos nosos cativos.
Somos os nenos e nenas de educación infantil do CEIP de Frións (Carreira-Ribeira) e queremos compartir coas nosas familias e outros "compis" as nosas aventuras nesta primeira etapa educativa do longo camiño da maxia dos saberes.
29 de maio de 2011
VISITA DE ABRAHAM CARREIRO
Durante o mes de maio recibimos no cole a visita de Abraham Carreiro, ilustrador vigués. Esta actividade foi promovida desde o equipo de biblioteca.
A visita resultou moi interesante e divertida. Este experto ilustrador deunos moitos consellos á hora de colorear un debuxo. O máis divertido foi que nos debuxou todo o que nos lle pedimos¡¡¡ mirade e veredes que atentos estivemos as súas explicacións...

9 de maio de 2011
TAMÉN NA PRENSA ESCRITA
Tal foi a repercusión do noso traballo que tamén no diario EL Correo Gallego na súa edición dixital e escrita do venres 6 de maio do 2011 se fai eco da noticia.
http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/colegio-publico-frions-cuelga-youtube-un-video-lip-dub/idEdicion-2011-05-06/idNoticia-666003/
http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/colegio-publico-frions-cuelga-youtube-un-video-lip-dub/idEdicion-2011-05-06/idNoticia-666003/
PROGRAMA A REVISTA
Para todos aqueles que onte vos perdíchedes aos nosos "pitufiños" no programa A Revista da TVG, ahí vos deixamos o enlace para que poidades disfrutar do video
7 de maio de 2011
NA TVG
Este domingo 8 de Maio de 2011, O noso video musical "OS PITUFOS DE FRIÓNS" aparecerá no programa "A Revista" da TVG ás 13:30h.
Asi que, xa sabedes, a ver a TVG¡¡ Esperamos que gocedes con el tanto coma nós cando o gravamos.
Asi que, xa sabedes, a ver a TVG¡¡ Esperamos que gocedes con el tanto coma nós cando o gravamos.
3 de maio de 2011
AXUDEMOS AOS PITUFOS A COIDAR O MEDIO AMBIENTE!
Os pequenos de 4 anos participamos nun concurso sobre os Pitufos e o Medio Ambiente! Pensamos que sería unha boa idea disfrazarnos e recorrer todo o cole para buscar axuda na loita contra Gargamel, gran inimigo da natureza! Todos os nosos compañeiros e compañeiras se decidiron a axudarnos en tan importante misión!
Mirade que ben o pasamos todos!!
Mirade que ben o pasamos todos!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)