10 de novembro de 2011

SAMAÍN AO ESTILO CELTA

Un ano máis no cole celebramos a festividade do Samaín, esta vez cunha peculiaridade: un Samaín baseado na súa orixe celta, afastándonos un pouco dos estereotipos de medo, vampiros, monstros...
Pois ben, para levar a cabo a nosa particular festa, tivemos que traballar arreo durante as semanas previas, así ao ciclo de infantil tocounos desta vez decorar o hall da entrada polo que os nosos nenos e nenas tiveron que empregarse a fondo para axudarnos a elaborar dita decoración.
Trouxeron preciosas cabazas celtas.



Fixemos fadas do monte con cucuruchos de cartolina e papeis de cores... Quedaron impresionantes!

 
 



Pintamos e decoramos montóns de cabazas para adornar o ximnasio...

Elaboramos con masa branca uns colgantes celtas que despois pintamos con pincel e nos cales estampamos un símbolo característico desta cultura...


 As nenas fixéronse unhas coroas e os nenos uns torques empregando diferentes técnicas plásticas...


E todos viñemos vestidos o máis "celtas" posible para a gran Festa!
Festa na que non faltou de nada... Tivemos desde unha pócema do Gran Druída na que botamos os nosos propósitos do Novo Ano Celta, ata grandes bailes inspirados nesa época!!! Portámonos e fixémolo xenial!!


1 de novembro de 2011

COMEZOU O NOVO CURSO!!

Estas primeiras semanas do curso foron do máis emocionantes...
Os pequenos/as de 3 anos comezaron a súa andaina no noso colexio con un montón de anécdotas, algúns choros, varias preocupacións, centos de conversas... pero sobre todo, e pasados os nervios dos primeiros días, con moitas ganas e moitísimas risas.
A chegada destes novos amigos ilusionou tamén aos outros compañeiros/as de infantil que se sentiron, de golpe, un pouco máis maiores.