31 de decembro de 2011

FELIZ 2012

Mentres recopilamos todo o material audiovisual da gran festa de Nadal que desfrutamos o día 22 de decembro no noso cole, deixámosvos un pequeno cariño en forma de felicitación

ENTREMANS

Coas mans  descubrimos o mundo, pois con elas tomamos conciencia do que nos pertence. Con elas tocamos, acariciamos, sinalamos e collemos o que desexamos. Durante este trimestre na aula de 3 anos as mans foron unha peza clave nos nosos primeiros momentos na escola...

Coas mans  acariciamos en son de amor  e con elas marcamos  as nosas pegadas no mundo.






Coa axuda das nosas familias trouxemos a clase un montón de recortes de fotos de mans e con elas iniciámonos nas habilidades de pensamento
Para ter a todas as familias preto de nós, trouxemos a clase a silueta das súas mans coas que fixemos un mural.







Con plastilina  elaboramos adornos para as mans.




  Co retroproxector  experimentamos facendo sombras e resultou do máis divertido.





10 de decembro de 2011

O MAGOSTO

O prometido é deuda!!! Aquí vos deixamos un vídeo no que podedes ver cómo o pasamos nesta festa que tanto nos gusta! Pedímoslle ao concello un xogos populares nos que demostramos ser uns verdadeiros expertos, e despois... A comer castañas asadas!!

VIVA O MAGOSTO!!


Aquí tedes a letra da canción popular que interpretan os nenos e nenas de 5 anos, Bisbal ao seu lado un afeccionado!
 

NON CHAS QUERO

Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero
que me cheiran ao chamosco
que me cheiran ao chamosco
Ailalelo ailalalo.

Marica se vas ao río a lavar
non batas a roupa que a podes rachar
que a podes rachar
que a podes rachar
Marica se vas ao río a lavar...

Indo polo souto abaixo
escorrín nun ouriciño,
ai que tres castañas levo!
do souto do meu veciño...
do souto do meu veciño
Ailalelo ailalalo

Marica se vas...

Do outro lado do río
ten meu pai un castiñeiro,
dá castañas en Agosto,
uvas pasas en Xaneiro
uvas pasas en Xaneiro
Ailalelo ailalalo.

Marica se vas...

A castaña no ourizo
quixo rir e rebentou,
caeu do castaño abaixo
mira que chasco levou
mira que chasco levou
Ailalelo ailalalo.

Marica se vas...

- Ábreme a porta Marica,
que che quero dar castañas.
- Eu a porta non cha abro,
que ben sei das túas mañas
que ben sei das túas mañas
Ailalelo ailalalo.

Marica se vas ao río a lavar
non batas a roupa que a podes rachar
que a podes rachar
que a podes rachar
Marica se vas ao río a lavar...

4 de decembro de 2011

PREPARANDO O MAGOSTO

Pouco despois de celebrar o Samaín, tivemos que comezar cos preparativos doutra festa do Outono...
Non paramos!!
Para poñer o cole ben bonito, organizamos unha exposición con froitos característicos desta estación, a verdade é que a participación foi máis que boa, un 10 para as familias que axudaron aos nenos/as a participar destas actividades que nos fan sentir tan orgullosos dos nosos traballiños!! A participación de 10, o esforzo e os resultados de 20!!


Nas clases tamén colaboramos coas nosas creacións para a exposición, os nenos e nenas pasárono pipa convertindo as castañas en animaliños e bonecos!


Os peques tivemos, ademais, que preparar os "accesorios" que iamos lucir na festa do Magosto, unha diadema e un cucurucho no que gardar as nosas deliciosas castañas! 


Proximamente subiremos unhas fotos nas que poderedes ver todo o que xogamos e o que comemos o día da festa. O bo... faise esperar!!