E celebramos por fin a gran festa, foi unha xornada moi intensa e chea de ilusións.
Antes de subir ao escenario tivemos que pasar polo Photocall, unha alfombra vermella agardaba ás estrelas do FESTIVAL MUSICAL FRIONSVISIÓN 2012... que emoción!
Que ben o pasamos ao longo de toda a mañá! Tivemos tempo a cantar no Karaoke, xogar no patio e probar os deliciosos produtos tradicionais que trouxéstedes as familias. Moitas grazas!
Os nenos e nenas de infantil levábamos preparada unha coreografía moooi difícil para acompañar un popurri do musical de Grease e caracterizámonos emulando ás estrelas desta película. Estábamos guapísimos e a actuación (como veredes neste vídeo que vos enlazamos) saíu de cine!
Somos os nenos e nenas de educación infantil do CEIP de Frións (Carreira-Ribeira) e queremos compartir coas nosas familias e outros "compis" as nosas aventuras nesta primeira etapa educativa do longo camiño da maxia dos saberes.
22 de marzo de 2012
20 de marzo de 2012
PREPARATIVOS DO FESTIVAL
Este ano celebramos un Entroido moi musical. Para isto, durante os días previos á festa, elaboramos coa axuda das profes os nosos disfraces e algún que outro elemento decorativo relacionado coa temática da nosa actuación. Eses días anteriores ao festival ensaiamos un montón e estábamos cargadiños de nervios e ganas de saír ao escenario!
SEMANA DO ENTROIDO
A semana previa ao festival resultou do máis divertida xa que o noso amigo O Aquel (a mascota da biblioteca) convertíuse en meco e cada día mediante unhas mensaxes escritas suxeríanos vir á clase con algún complemento de entroido.
O LUNS os nosos ollos tivemos que adornar.
O MARTES tivemos que tapar a cabeza.
O MÉRCORES pintámonos a cara.
E o XOVES podíamos repetir decoración e ademais debíamos traer algo do revés.
O LUNS os nosos ollos tivemos que adornar.
O MARTES tivemos que tapar a cabeza.
O MÉRCORES pintámonos a cara.
E o XOVES podíamos repetir decoración e ademais debíamos traer algo do revés.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)