A finais do mes de Marzo celebramos os cumples dos nenos e nenas que fixeron anos durante o segundo trimestre.
Eses últimos días de Marzo foron do máis primaverais así que pensamos que sería unha boa idea que a festa xirase arredor desa temática.
ISMAEL, IRENE e
XIN YU fixeron 5 anos
ANASS, XULIA, PAULA e
LOIS fixeron 6 anos
Os nenos e nenas da clase de 5 anos foron os encargados de organizar o acto, así que decidiron elaborar unhas flores decorativas para os pinchos de froitas que íamos merendar e recortaron tiras de cartolinas para que cada neno/a de infantil puidera facer a súa propia coroa de flores, ás cales, os nenos/as que facían anos, lles engadirían despois algún debuxo que lles recordara a esta estación (bolboretas, xoaniñas, soles, flores...).
As profes elaboramos unhas tartas sorpresa que combinaban bizcoito de chocolate con froitas fresquiñas e unha decoración divertida e relacionada tamén coa
PRIMAVERA.
Peeeero antes de probar este delicioso manxar todos os nenos/as fixeron uns pinchos de froitas que os máis golosos puideron endulzar un pouquiño con azucre! Foron poucos os que non repetiron!
E xa para rematar a festa non podía faltar un bo baile!