O mes de Abril adicámolo no centro a un aspecto fundamental do noso traballo nas aulas:
O INTERESE POLA LECTURA.
Intentado fomentalo e celebrando á súa vez as semanas da Poesía e do Libro (o Dia do Libro foi o 23 de Abril) propuxéronse desde a Biblioteca diversas actividades lectoras ao longo deste mes nas que evidentemente tamén participamos os máis pequenos/as do cole:
BIBLIOCONCURSO: fixéronse chegar a todo o alumnado unhas preguntas e actividades a resolver axudándonos da visita á biblioteca e a busca de información na mesma.
VISITA AO CENTRO DE INACIO VILARIÑO: este artista-contacontos fíxonos rir e cantar coas súas historias e a súa música.
VISITA AO CENTRO DE INACIO VILARIÑO: este artista-contacontos fíxonos rir e cantar coas súas historias e a súa música.
LECTURA DE POEMAS: durante a semana da poesía, cada día e cada clase ía a lerlles unha poesía aos nenos/as do curso inmediantemente anterior amosándolles así as súas cualidades lectoras aos compañeiros e compañeiras.
LECTURA DE CONTOS: antes de entrar nas clases (pola mañá e pola tarde) os e as profes líannos contos mentres agardábamos nas filas.
LECTURA DE CONTOS: antes de entrar nas clases (pola mañá e pola tarde) os e as profes líannos contos mentres agardábamos nas filas.
APADRIÑAMENTO LECTOR: algúns nenos e nenas de 2º de Educación Primaria viñeron acompañados do profe Luís a contarnos dúas versións do conto de Carapuchiña Vermella aos pequenos/as de infantil.
AVOAS LECTORAS: tres avoas de nenos e nenas de infantil e de 1º de Educación Primaria achegáronse ao cole para lernos unhas bonitas historias, crearon esa atmósfera que só os avós e avoas saben facer xurdir cando nos contan contos.
Como vemos, e especialmente nestas idades, ler non é simplemente descifrar o significado dunhas letras escritas unhas detrás doutras... senón que ler é entender, adiviñar, imaxinar o que nos contan os debuxos, as fotografías, os collages, as obras de arte...; ler é soñar, crear historias na nosa mente cando escoitamos un conto; é falar facendo rimar as palabras, coma se fosen cancións; arrecender o papel e que o aroma che traia á mente recordos e emocións; acariciar as texturas dun libro cos ollos pechados mentres descubres o que agocha coas xemas dos dedos...

De aí que unha das nosas misións máis importantes como educadores, e tamén das vosas como pais e nais, sexa inculcar nos pequenos e pequenas o interese por ler.
No centro poñemos á vosa disposición un lugar onde se poden atopar unha inmesidade de tesouros: cómics, poesías, contos para tocar, para vivir aventuras e descubrir misterios; películas, discos, enciclopedias, revistas, xornais, ordenadores... Pretendemos que a biblioteca sexa un espazo acolledor no que teñan cabida todos os membros da Comunidade Educativa. Ademais a vosa participación mediante suxestións, críticas ou opinións tamén é unha forma activa de colaborar para mellorar.
Como sabedes a Biblioteca ten o seu propio blogue no que informan das actividades que se levan a cabo:
Días para ler son todos os días... LER É VIVIR!