Unha vez nos puxemos ao día nas clases (máis ou menos!) imos intentar ir mantendo tamén ao día o noso blogue!
Este curso somos moitos máis compañeiros/as nas clases que o ano pasado e entre isto e outras cuestións máis ben políticas nas que non imos entrar... cada vez temos menos tempo, que non menos ganas, de manternos en contacto con vós por medio desta ferramenta tan xenial que son as novas tecnoloxías. De calquera xeito pouco a pouco iremos subindo fotos de todos e todas para que vexades canto traballamos pero tamén o ben que o pasamos no cole.
Un saúdo e feliz curso 2012-2013 :)