17 de decembro de 2013

CUMPLEANOS DO 1º TRIMESTRE

Os nosos nenos e nenas de infantil  fanse maiores! Celebramos os cumples do primeiro trimestre con unha gran  festa nas aulas e na mellor compañía, todos os nosos compañeiros!

CUMPLIRON 3 ANOS

JACOBO ARANTXA ALMA CARLOS YOSRA JALIL E BRIAN


Tamén cumpliron anos XAVI e ISMAEL 
(non saen na foto porque ese día non asistiron á escola)

  


CUMPLIRON 4 ANOS

DANIELA, LUCAS CRUJEIRAS, ISAAC, BEA COSTA, ONNIYA, DANIEL, MANUEL,
                                                               LUCAS PETROVICH




 


CUMPLIRON 5 ANOS

 LEO,  CLAUDIA, SOFIA,  MIGUEL, IRIA CALVO,  XIANA,  SHAILA,  UXÍA GÓMEZ
IRIA SANNICOLÓ E MARCOS
 Tamén cumpliron 5 aniños ARÓN E ADRIAN (pero non estaban na clase ese día)





MOITOS PARABÉNS A TODOS!!

15 de decembro de 2013

MAGOSTO 2013

Seguimos coas tradiccións no colexio de Frións. O pasado xoves 14 de novembro celebramos a  festa do magosto.

Días antes preparámonos para a gran festa. Trouxemos ao cole as nosas preciosas creaccións con froitos do outono, coas que decoramos a entrada.








Tamén realizamos uns bolsos para albergar as castañas asadas, reciclando cartóns de leite.















Comezamos a festa  Xogando!  non deixedes de ver, canto nos divertimos!


ZANCOS



CASTAÑA-CULLER




 RÁ




BIRLOS




CHAPA CASTAÑA






Rematados os  xogos! todos xuntos no patio  cos nosos bolsos cheos, feitos para a ocasión, degustamos  as ricas castañas!


11 de novembro de 2013

SAMAÍN 2013

Outro ano máis celebramos o Samaín.  Unha festividade, como xa vén sendo tradición no centro, baseada na súa orixe celta, afastándonos un pouco dos estereotipos de medo, vampiros, monstros...


Para levar a cabo a nosa particular festa, tivemos que traballar arreo durante os días previos para decorar  a entrada, converténdoa, nun curioso poboado celta.








Trouxemos preciosas cabazas celtas. Grazas familias pola gran colaboración e a vosa creatividade!













  O día da festa  convertémonos, outro ano máis, nuns "peque celtas", con todos os complementos que días antes elaboramos nas aulas.













 

 Unha das sorpresas deste día foi a visita dun celta "auténtico" chamado "CARAMUXIX", un novo emisario do máis alá que nos convidou a botar os nosos desexos deste aninovo no super buzón "das bromas".




Pero sen dúbida, o momento máis desexado deste día foi a  festa no noso ximnasio, onde o buzón dos desexos cobrou vida e éstes foron lidos polo celta "Caramuxix" e o seu axudante.
. E como xa non hai Samaín que se precie, no cole de Frións, sen o baile do tan coñecido "Fogo Nicolás", saímos á pista  a bailar.



Algúns dos máis pequeniños preferiron estar un anaco na biblioteca porque tanta cabaza fea non lles gustou.

 Pero á hora de  saír a bailar animáronse  e disfrutaron un montón...












 DESDE O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL QUEREMOS AGRADECERVOS A TODAS AS FAMILIAS A VOSA AXUDA E PARTICIPACIÓN, SEN A QUE ESTE TIPO DE FESTAS NON TERÍAN A MESMA COR. UN  AGRADECEMENTO ESPECIAL A PEDRO (PAPÁ DE 4 ANOS) QUE UN ANO MÁIS SE PRESTOU A SER O NOSO CELTA PARTICULAR.

9 de novembro de 2013

VISITA PALMIRA CASTRO

O pasado 29 de outubro con motivo da celebración do día das bibliotecas, visitóunos no centro  Palmira Castro, para realizar un obradoiro moi creativo de "cousiñas de papel".  Deixóunos abraiados, o que esta muller da costa da Morte é capaz de crear con un anaco de papel. Pero sobre todo, abríusenos unha ventá para atrevernos a crear.



VOLTAMOS

Un novo  curso comezou, con el moitas novidades e actividades que realizar nestes meses que nos quedan por  diante. As mestras de educación infantil queremos  darvos a benvida,  neste novo curso, ao noso blogue. Desexamos que disfrutedes de todo o que  vos  vamos a ir deixando. Esperamos moitos comentarios! ... Vémonos na escola.

1 de maio de 2013

Xa se puxo o último Sol de Abril...

Tal e como dixemos aló no 2012...

"Levántate maio 
que tanto dormiches, 
xa pasou o inverno 
e non o sentiches." 

A 1 de Maio (Día do Traballador), estamos a dous mesiños de rematar o curso, non sabemos a vós pero a nós estásenos a pasar o tempo voando! Canto medraron os nosos pequenos/as nestes meses, e aínda así lembramos Setembro coma se fose onte...

Sen caer na nostalxia hoxe é un día de lembranzas, de tradición e de moita maxia... Contan os avós e avoas que o 30 de Abril, antes de que se poña o Sol, hai que coller uns ramiños de xesta (uns maios) e poñelos nas portas das casas, nas fiestras, nos barcos, nos carros (agora máis ben nos coches) e en todo aquilo que queiramos alonxar de calquera mal.

Como suele pasar con estas cousas que pasan de xeración en xeración, de boca a boca, hoxe (mentres deixábamos unha xesta, alí, ao lado do cole, un pouco máis minguada), un señor que andaba á mesma tarefa que nós fíxonos saber que ao ramiño que tiñamos había que engadirlle unha ramiña do toxo da envidia (algo diferente ao toxo que todos coñecemos) pois senón o conxuro non funciona, así que moi amablemente nos cortou unhas ramas para que estiveramos ben protexidas (e porque ía ben preparado co seu coiteliño e nós só levábamos o posto).

Así que, como fixemos o ano anterior, (ou un pouco mellor pois este ano temos tamén o toxo), non imos deixar o blogue sen protexer, non vaia ser o Demo...


Esta tradición vén de moi antigo e probablemente un dos motivos polos que se conserva con tanta forza sexa a alegría que aporta a este Primeiro de Maio a preciosa cor amarela da flor da xesta.

Esta planta meiga, que tan amena fai a paisaxe, non só nos axuda a espantar as meigas e os males de ollo senón que tamén se emprega para buscar amores e, máis aló da maxia, é beneficiosa para as persoas, o gando e o medio natural.


Pouco máis se lle pode pedir a esta especie á que, por abundante e cotiá, non lle prestamos moita atención, a pesares de que pola súa beleza sexa digna dos xardíns máis elegantes. 



 De calquera xeito, aínda que gustemos moito de celebrar a chegada de Maio e do bo tempo, non esquezamos que aínda que comeza a facer algo de calor non está a cousa para gardar a roupa de abrigo, posto que aínda refresca. Así que... deixade as chaquetas quentiñas á man pois como ben nos lembra o refraneiro popular...
"Ata o 40 de maio, non quites o saio" ou
"En maio aínda a vella queima o tallo" coas súas variantes: 
"En maio aínda a vella queima o tallo, e un chisquiño que lle quedou, ata o San Xoán o queimou" e
"En maio aínda a vella queima o saio, e se se achega ben, quéimalle as pernas tamén"

Que teñades un ledo mes de Maio :)

De hoxe nun ano!