11 de novembro de 2013

SAMAÍN 2013

Outro ano máis celebramos o Samaín.  Unha festividade, como xa vén sendo tradición no centro, baseada na súa orixe celta, afastándonos un pouco dos estereotipos de medo, vampiros, monstros...


Para levar a cabo a nosa particular festa, tivemos que traballar arreo durante os días previos para decorar  a entrada, converténdoa, nun curioso poboado celta.








Trouxemos preciosas cabazas celtas. Grazas familias pola gran colaboración e a vosa creatividade!













  O día da festa  convertémonos, outro ano máis, nuns "peque celtas", con todos os complementos que días antes elaboramos nas aulas.













 

 Unha das sorpresas deste día foi a visita dun celta "auténtico" chamado "CARAMUXIX", un novo emisario do máis alá que nos convidou a botar os nosos desexos deste aninovo no super buzón "das bromas".




Pero sen dúbida, o momento máis desexado deste día foi a  festa no noso ximnasio, onde o buzón dos desexos cobrou vida e éstes foron lidos polo celta "Caramuxix" e o seu axudante.
. E como xa non hai Samaín que se precie, no cole de Frións, sen o baile do tan coñecido "Fogo Nicolás", saímos á pista  a bailar.



Algúns dos máis pequeniños preferiron estar un anaco na biblioteca porque tanta cabaza fea non lles gustou.

 Pero á hora de  saír a bailar animáronse  e disfrutaron un montón...












 DESDE O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL QUEREMOS AGRADECERVOS A TODAS AS FAMILIAS A VOSA AXUDA E PARTICIPACIÓN, SEN A QUE ESTE TIPO DE FESTAS NON TERÍAN A MESMA COR. UN  AGRADECEMENTO ESPECIAL A PEDRO (PAPÁ DE 4 ANOS) QUE UN ANO MÁIS SE PRESTOU A SER O NOSO CELTA PARTICULAR.

9 de novembro de 2013

VISITA PALMIRA CASTRO

O pasado 29 de outubro con motivo da celebración do día das bibliotecas, visitóunos no centro  Palmira Castro, para realizar un obradoiro moi creativo de "cousiñas de papel".  Deixóunos abraiados, o que esta muller da costa da Morte é capaz de crear con un anaco de papel. Pero sobre todo, abríusenos unha ventá para atrevernos a crear.



VOLTAMOS

Un novo  curso comezou, con el moitas novidades e actividades que realizar nestes meses que nos quedan por  diante. As mestras de educación infantil queremos  darvos a benvida,  neste novo curso, ao noso blogue. Desexamos que disfrutedes de todo o que  vos  vamos a ir deixando. Esperamos moitos comentarios! ... Vémonos na escola.