19 de decembro de 2014

BO NADAL!


Chegan as vacacións, desde hoxe e ata o próximo 8 de xaneiro, os nenos e nenas de educación infantil disfrutarán de unhas merecidas vacacións de Nadal, logo de traballar arreo durante este primeiro trimestre. As mestras de educación infantil queremos desexarvos un bo Nadal e un ano 2015 cheo de sáude e moito amor... con un vídeo feito co cariño e ledicia que desprenden a diario os vosos peques.





Deixámosvos videos das actuacións de 3 e 5 anos no noso  festival  de Nadal que andan pola rede
gracias a Miguel Vidal por compartilas ( en canto teñamos a da aula de 4 a subiremos tamén )



16 de decembro de 2014

FACÉMONOS MAIORES

Vamos medrando e facéndonos "moi" maiores por iso nas nosas aulas correspondentes o celebramos con unha gran festa!


 CUMPLIRON 3 ANOS:
DIEGO, ALBA, PEDRO, AINHOA E MANU PÉREZ






 CUMPLIRON 5 ANOS.
BEA COSTA, ISAAC, LUCAS P, SILVESTRE, ONNYA, MANUEL, DANIELA, DANIEL
E LUCAS C.

VOLTA A MAXIA DO DUENDE DO OUTONO!

TAN TAN
- Quen é?
- O Outono outra vez.

Coa chegada do Outono énchense os nosos pasillos de follas e as clases de olores e sabores gracias a  visita do noso misterioso amigo:
"O Duende do Outono".

A  visita  máis esperada do mes de novembro  sempre é un acontecemento. Os nenos/as de 4 anos, 5 anos,, xa o coñecen de cursos anteriores (algúns levaban días pensando  se  viría de visita o noso misterioso amigo) Para os nenos/as de 3 anos foi unha experiencia nova e a pesar de que a profe xa nos falara de que ao mellor nestes días  recibíamos a súa visita . A chegada do Duende  (como pasa cada curso) é recibida con nervios e moita ilusión que desata a nosa imaxinación.  O duende é moi tímido e escapa sempre  antes de que abramos a porta. Aínda que, sempre hai alguén que afirma que o viu e incluso nos  explica  como era e por onde marchou!
Para engadirlle máis emoción con esta visita, as nosas aula énchense   de cores, arrecendos, texturas e sabores  motivados coas notas que nos deixa o noso amigo.

 O primeiro día que nos  visitou, 
froitos carnosos   e  unhas rimas na porta nos  deixou

aula  5 anos



aula 3 anos




O segundo día  que voltou,
 con froitos secos nos agasallou.

aula 3 anos



aula 5 anos

24 de novembro de 2014

MAGOSTOS 2014

Coa chegada do outono  chega o momento da súa festa por excelencia "o magosto".




Días antes da celebración preparamos nas nosas aulas "bolsas" para albergar as castañas e algún que outro detalle.
  Na clase de 3 anos




Na clase de 5 anos




Como ben sendo tradición no noso centro,  celebrámolo masgosto participando de  xogos populares...

Xogando aos Birlos



Lanzando castañas  á boca da  RÁ


Subidos nos zancos

Coas Chapa-castañas




Trasportando  castañas na culler



Subidos nos zancos



Despois de tanto xogo e traballo, a choiva deixounos un respiro e saímos ao patio a comer as castañas ataviados para a ocasión

12 de novembro de 2014

SAMAÍN 2014

Un ano máis celebramos o Samaín, trouxemos ao cole cabazas  moi "feas" para decorar  a nosa entrada.

Botádelle un ollo e  veredes!

Cabazas  da clase de 3 anos



Cabazas da clase de 5 anos






E como bos cidadáns exercemos o  dereito ao voto  elexindo a cabaza que máis nos  gustou de entre todas.



Estas foron as cabazas que recibiron máis votos (a de Pedro de 5 anos, a de Alba de 3 anos e a de Iván de 4º)

 O día 30, baixamos ao ximnasio para recoller os diplomas a nosa participación e bailar "fogo Nicolás", a canción que xa desde fai uns anos ven sendo tradición no noso centro.




A festa na prensa...

video tvbarbanza

Voz de Galicia



19 de outubro de 2014

COMEZAMOS CURSO 2014 -2015

COMEZAMOS UN NOVO CURSO, CON ILUSIÓNS E ENERXÍAS RENOVADAS. APROVEITAMOS PARA MANDARVOS UN SAÚDO AGARIMOSO A TODOS OS PAPÁS E MAMÁS QUE SEGUIDES O DISCURRIR E TRABALLO DAS NOSAS AULAS NESTE BLOGUE. E PARA DARVOS A BENVIDA EN ESTE NOVO CURSO, PRESENTÁMOSVOS AOS NOVOS AQUELIÑOS DA AULA DE 3 ANOS QUE ESTE ANO COMEZAN NO NOSO CENTRO A SÚA LONGA VIAXE POLO "MUNDO DOS SABERES".

27 de abril de 2014

Entroido 2014


A principios do mes de marzo celebramos o entroido. Un entroido moi marítimo, pois este ano a biblio tennos a todos inmersos  en un proxecto sobre o mar.

Durante a semana anterior ao xa clásico  desfile de disfraces, o meco do noso cole, invitóunos a vivir o  entroido duha forma moi divertida.

Tapando as nosas cabezas, cubrindo os nosos ollos, abringando os nosos pescozos  e fixo tolear os nosos pés:



O día do desfile lucimos moi orgullosos os disfraces que durante días elaboramos nós mesmos nas aulas!

Nadal 2013


 
NO mes de decembro celebramos o nadal con unha gran festa e moi contentos sacamos un montón de fotos polo cole decorado para a ocasión.