30 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

 Para conmemorar este día, hoxe día 30 de xaneiro, na  clase de 3 anos pintamos a PAZ. Eleximos cores bonitas e decoramos 3 letras xa coñecidas pero,  que xuntas forman un significado que anhelamos para todos os recunchos do mundo.
"Non existe un camiño para a paz, a paz é o camiño"

VISITA PETER PUNK

O  pasado venres 23 de xaneiro visitounos no cole un paiaso moi particular... PETER PUNK fixo a as delicias dos máis pequenos e non tan pequenos... GRAZAS AO ANPA por agasallarnos con estes anacos de lecer.