"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre."

Hoxe faleceu un grande activista da cultura galega e autor da obra máis vendida da historia da nosa literatura: "Memorias dun neno labrego". Como el mesmo dicía "só quería contar o que pasaba na aldea, fronte á visión idílica, bucólica e humorística que había", mais as súas "Memorias" iluminaron as nosas escolas en tempos de tebras para a nosa lingua.
Fai uns tres anos tivemos a sorte de recibir a súa visita no noso centro, unha experiencia marabillosa para os nosos cativos e cativas que de seguro valorarán aínda máis co paso dos anos...
Super-recomendamos:
Aquí vos deixamos tamén este enlace a un vídeo da Semente Tasancos, é curtiño pero deixa ben claro o que o pai do Balbino pensaba das nenas e nenos e da lingua.
Xosé Neira Vilas non deixou de escribir, de dar conferencias, de recibir premios...
Ultimamente estaba a escribir letras para cancións de varios artistas
galegos e, afortunadamente, seguiremos sabendo del nos vindeiros meses.
Ata sempre!