Envíannos esta información desde o servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, ten moi boa pinta e
a entrada é gratuíta, animádevos!!!
O 21 de febreiro celebramos o “Día da Lingua Materna” en Ribeira
Actividade: “O Contos do Chupete”, Migallas Teatro
Data: 21 de febreiro, domingo. Día Internacional da Lingua Materna
Hora: 17.30 h
Lugar: Biblioteca Pública Municipal, R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Ribeira
Dirixido a: Bebés de 0 a 3 anos e as súas familias
O
día 21 de febreiro, conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna
desde que tivo o seu recoñecemento pola UNESCO en 1999. A necesidade de
fomentar a transmisión familiar do idioma fai que unha proposta lúdica e
atractiva dirixida a bebés de 0 a 3 anos, e os seus pais e nais, sexa a
máis acaída para esta data.
Para asistir é preciso inscribirse chamando ao teléfono 981835650 ou enviando un correo electrónico a normalizacion@riveira.com
A
actividade está especialmente dirixida para bebés de 0 a 3 anos e as
súas familias, por suposto os irmanciños un pouco máis maiores poderán
asistir!