O Luns (23 de Maio) celebramos no cole o día das Letras Galegas. Nesta celebración contamos coa colaboración da ANPA que nos trouxo unha actuación super-galegueira: "Os Monifates".
Os Monifates son un dúo de música tradicional galega formados por un músico e un artesán de instrumentos tradicionais que se encarga da confección dos instrumentos empregados nas súas actuacións. Durante a mesma amosáronnos e tocáronnos o bombo, a gaita, a zanfona, a frauta traveseira (requinta), as castañolas, os pitos, as tarrañolas, o triángulo (binco), axóuxeres, o corno de vaca, a táboa de lavar... E tamén tiñan unha sorpresa final: uns títeres bailaríns chamados Xaquín e Maruxa que nos deixaron impresionados! Encantounos!
Despois da actuación musical chegou o "Lendo á sombra", no que alumnado de diferentes idades, en pequenos grupos, se leron contos en galego uns a outros á sombra das árbores do noso patio. O ambiente de susurros, de colaboración, de ilusión que se crea é precioso :)
Xa por último, cada clase recitounos un poema de Manuel María ao resto do cole.
Este ano a verdade é que había un montón de textos e poemas para escoller e traballar pois Manuel María escribeu moitísimo para os nenos e nenas! Recomendamos: