Infórmannos desde o Concello que o sábado 10 de decembro, ás 19horas, poderedes acudir á representación da obra teatral infantil "Roedores" no Auditorio municipal. A asistencia é gratuíta e poderase pasar a recoller a entrada media hora antes da actuación no mesmo Auditorio.
Fannos chegar a seguinte información:
"Roedores" é unha fábula dramatizada
con música en directo que trata de concienciar en
valores de fomento da igualdade a través das
aventuras dos seus personaxes protagonistas, o hámster Peludiño
e a rata Munda, interpretados por Guillermo
Carbajo e Laura Míguez.
"Roedores" foi nomeada nos Premios
de Teatro María Casares deste ano nas categorías de Mellor
Espectáculo Infantil e Mellor Actriz
Protagonista.
Nas seguintes ligazóns podedes acceder á páxina web, ao video promocional e
ao dossier do espectáculo:
Peludiño é un hámster que
escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata
soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus
irmáns.
Estes dous roedores terán
que deixar atrás os seus prexuizos e traballar en equipo para vencer o temido
Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as
diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo…”Todos somos Roedores”.