26 de decembro de 2017

Chegou o Apalpador!

 
Este ano dun xeito especial, xa que a temática do noso proxecto de Biblioteca é o Medio Ambiente, convidamos ao cole ao Apalpador, unha personaxe que moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, xa habitaba en Galicia. O Apaldador gusta de agasallar castañas asadas e xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuoso co medio ambiente; tamén anima ás familias e pequenos e pequenas a fabricar os seus propios xoguetes con materiais que teñan pola casa.

"Todas as culturas teñen un home sabio pola idade que lles axuda aos nenos e nenas a pasar o inverno. A cultura galega ten o Apalpador, que durante os anos de esquecemento sobreviviu nos montes do Courel e o Cebreiro e agora volve facernos compaña.
O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas collendo carbón para escorrentar o frío inverno. Na noite do 24 de decembro (aínda que esta data pode variar) baixa atas as aldeas, métese polas chemineas nas casas, achégase ás nenas e nenos que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame.
O Apalpador é moi lambeteiro e se as nenas e nenos lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando as casas de Galicia, el entrégalles os agasallos de madeira, tea ou cartón que fixo coas suas mans no tempo de lecer do resto do ano."

Máis información na web: www.apalpador.gal

Aí van as fotiños da visita que nos fixo o Apalpador ao cole, Felices Festas familias!!!



4 de decembro de 2017

NOTA INFORMATIVA: DÍAS FESTIVOS



La costa del silencio

"La costa del silencio" é a peza que sona estes días no timbre musical. Trátase dun tema musical do grupo Mägo de Oz que fala sobre o medio ambiente e que fai referencia ao accidente do petrolero Prestige na costa galega fai xa 15 anos.

Este foi o Lipdub en defensa do medio ambiente que fixemos todo o cole no ano 2011 e no que empregamos este temazo 😜🎶🎸


1 de decembro de 2017

27 de novembro de 2017

ÁRBORES DE OUTONO

Aproveitando a gran cantidade de follas secas 🍁 que temos no patio, estreamos as tesoiras e compuxemos as nosas propias árbores de outono  🌰🌲🍂
  





24 de novembro de 2017

Samaín 2017

Este ano seguimos a liña do anterior e celebramos a festividade do Samaín cunha divertidísima xincana 💪 que rematou nunha deliciosa chocolatada 😋, conxuro incluído!







As nenas e nenos trouxeron unha chea de preciosas cabazas 🎃 que empregamos para decorar a entrada do cole e as diferentes probas da xincana.





22 de novembro de 2017

Música de outono

Estes días estamos escoitando no timbre musical esta divertida canción de outono de Uxía Lambona e a Banda Molona! A bailar!


NOTA INFORMATIVA: SEGURIDADE ENTRADAS/SAÍDAS



"Rosa caramelo" na Biblioteca Municipal

Este sábado, 25 de novembro, cadrando coa conmemoración dunha data tan importante como é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, convídannos a todas as nenas e nenos de entre 4 e 8 anos (e familias) a participar nesta interesante actividade pola igualdade.

“Rosa Caramelo”, contacontos de Talía teatro (intérprete: Artur Trillo; directora: Paula Carballeira)
Data: 25 de novembro
Hora: 12.00 h
Lugar: Biblioteca Municipal de Ribeira (R/Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Ribeira)
Dirixido a: nenas e nenos de 4 a 8 anos
Entrada libre e gratuíta


Sinopse:
Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

A representación:
Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Nesta montaxe composta de catro historias nas que se combinan a palabra e a música, créase unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.



9 de novembro de 2017

NOTA INFORMATIVA: MAGOSTO

Fogo Nicolás

Estes días no timbre musical está soando o "Fogo Nicolas". Este é un tema musicado polo gaiteiro Xosé Manuel Budiño; trátase dunha canción a medio camiño entre a cantiga popular e o trabalinguas e que conta tamén con explosivas onomatopeas.
"Fogo Nicolás" forma parte do Libro-CD-DVD "Celtic Roots", no que participaron nenos/as de Nigrán, Manchester e Bray (Irlanda), o seu obxectivo era afondar, a través da música, nas raíces culturais comúns dos tres países atlánticos.


6 de novembro de 2017

Día da Biblioteca

O día 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. Este ano Lola, da libraría Aenea, veu contarnos e amosarnos uns contos preciosos. Estivemos superatentos!



26 de outubro de 2017

Pocahontas

A canción que estivo soando estes días no cole (nas entradas e saídas) é probablemente o tema máis coñecido da película de Disney "Pocahontas" (1995), filme con fondas raíces ecoloxistas cun discurso medioambiental e humanitario profundo. Escoitámola na súa versión portuguesa: "Quantas cores o vento tem". Este tema gañou un Óscar, un Globo de Oro e un Grammy.
Aquí vos deixamos un enlace no que ademais, se accededes á páxina de youtube, podedes ler a letra do tema:


NOTA INFORMATIVA: EXPOSICIÓN CABAZAS


NOTA INFORMATIVA: CAMBIO PUNTUAL DÍA ATENCIÓN A FAMILIAS