25 de xaneiro de 2017

Alike

"Alike" é unha preciosa curta animada dirixida por Daniel Martínez Lara e Rafa Cano Méndez. Sen ningunha dúbida, visionar esta obra faranos reflexionar sobre a nosa vida e a das nenas e nenos que nos rodean; non vola perdades.

Enchamos o mundo de cores!

23 de xaneiro de 2017

Bolachas de nata

Mans á masa! O polbo Po tráenos unha receita boísima que podedes facer xunt@s nas vosas casas... Unhas deliciosas galletas de nata! Ummm...

20 de xaneiro de 2017

Burbullas conxelándose

Cousa bonita!


Se temos bebés...

No seguinte enlace (facendo clic na imaxe) a readaptadora física Alba Cons conta na TVG cales son os principais erros á hora de coller as nenas e os nenos e fala dos exercicios para facer xunto cun bebé.

http://www.crtvg.es/informativos/alba-cons-fala-dos-exercicios-para-facer-xunto-cun-bebe?platform=hootsuite

17 de xaneiro de 2017

Teatro en xaneiro

O venres 13 de xaneiro a compañía "A Run Run Xogos e Enredos" representounos no cole a obra de teatro "Dixo Thais e non se fale máis", actividade organizada pola ANPA. Thais, que sempre quixera ser ladroa, descobre que lle presta moito máis gañarse o xornal axudando a aqueles que a rodean... Unha obra con moita mensaxe e coa que ademais morremos da risa!

15 de xaneiro de 2017

Decembro

No mes de decembro tivemos un montón de visitas e festas!

O día 9 veu actuar ao cole o grupo Odaiko. "Odaiko está integrado por percusionistas multidisciplinares cunha reputada traxectoria ás súas espaldas e cun afán de combinar o mellor do pasado cun presente sen limitacións". Foi unha actuación musical e de humor que nolo fixo pasar xenial, pequenos/as e maiores estabamos alucinados!


Papá Noel visitounos nas aulas o luns 19, estivo falando con nós e regalounos caramelos, ñam ñam!



O día 20 celebramos as festas de aniversarios.

Aula de 4º de Educación Infantil:



Aula de 5º de Educación Infantil:


Aula de 6º de Educación Infantil:



E o último día de cole antes das vacacións de Nadal (o día 21), foi un día dobremente máxico! Primeiro tivemos a sorte de gozar da actuación do Mago Marco e ao rematar visitáronnos os Reis Magos que nos repartiron moita ilusión e carameliños!