18 de febreiro de 2017

15 de febreiro de 2017

Semana da Froita

A semana pasada (do 6 ao 10 de febreiro) celebramos en todo o cole a semana da froita. Cada día tiñamos unha froita nova para probar, estaban boísimas! O luns merendamos plátano, o martes amorodo, mércores kiwi, xoves pera e o venres mazá.
Aí vos van unhas fotiñas:


3 de febreiro de 2017

Día da Paz

O día 30 de xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, que o 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado por un fanático hinduista.
Gandhi naceu na India en 1869 e tras graduarse en dereito en Inglaterra instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.
Celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Esta é definida como unha xornada educativa na que por medio da reflexión persoal intentamos levar ao alumnado ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Lorenzo Vidal, 1972).

O luns conmemoramos esta data  no cole pero lembrámoslles ás nenas e nenos que o Día da Paz é tódolos días do ano! Así o fixemos nas aulas de educación infantil:




Recursos para traballar a paz calquera día do ano:



 Máis contiños:
http://www.rinconsolidario.org/palabrasamigas/pa/paz/librospara%20lapaz.htm

Contos para descargar (clic na imaxe):

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisaacperal/system/files/Copia%20de%20Batalla%20de%20Naipes.pdfhttp://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisaacperal/system/files/que%20viva%20la%20paz.pdf

2 de febreiro de 2017

Día da Candeloria

As nosas compis do CEIP Heroínas de Sálvora envíannos esta preciosa imaxe para celebrar o Día da Candeloria.


No seguinte enlace podedes ver a entrada que fixemos o ano pasado, onde explicamos un pouquiño o que representa este día.

Editamos a entrada para engadir os preciosos debuxos que fixeron as nosas pequenas e pequenos para celebrar este día:


"A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa"
 
"Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra"