30 de abril de 2017

MÚSICA E EMOCIÓNS II

Seguimos, como comentamos na entrada anterior, vivindo a música.
Aí vai o medo! 😱😱

En 4º de EI

En 5º de EI

En 6º de EI

14 de abril de 2017

MÚSICA E EMOCIÓNS

O dicionario dinos que a música é a "arte de combinar os sons da voz humana ou dos instrumentos, ou de uns e outros á vez, de xeito que produzan deleite, conmovendo a sensibilidade, xa sexa alegre, xa tristemente". Ademais de bailar, a música fainos sentir, fainos emocionarnos, evocar recordos, imaxinar o que non pasou...

O noso estado de ánimo vese reflexado en moitas ocasións pola música que escoitamos ou entoamos. Unha canción triste pode facernos sentir melancólicos, mesmo chorar, mentres que unha canción alegre pode animarnos e proporcionarnos uns minutos de felicidade. Do mesmo xeito, unha música suave pode axudarnos a manter a calma e relaxarnos, ou unha música máis "rítmica" nos estimula mentres facemos exercicio. 

Todos os autores que nos falan sobre intelixencia emocional, coinciden en que o primeiro paso para desenvolvela empeza pola autoconciencia, por aprender a identificar os propios sentimentos
Con esta identificación as nenas e nenos (e, por suposto, tamén os adultos) poderán mellorar a súa competencia emocional, seralles máis sinxelo comprender e controlar as tormentas emocionais coas que se atopan cada día, ter unha imaxe positiva de si mesmos e resolver conflitos axeitadamente.
 
A música é unha ferramenta privilexiada neste ámbito, pois ademais de ser unha ferramenta para "transformar" e canalizar as nosas emocións, a música proporciónanos tamén unha "linguaxe", unha axuda para identificalas e comprendelas. Moitas veces, empregamos as palabras para describir como nos sentimos, pero con frecuencia estas non son eficaces para facer que outras persoas (e incluso nós mesmos) poidan entendernos realmente... Coa música é diferente, con ela evocamos sensacións e é máis sinxelo identificar a que emoción nos estamos referindo e que é o que estamos sentindo. É por iso que, por exemplo, no cine, a música resalta emocións e funciona como guía que axuda ao espectador a entender mellor a escena. Como dixo Oscar Wilde "A arte da música é a que máis próxima se atopa das bágoas e das lembranzas"

Moi interesante o vídeo de "Redes" onde se trata este tema:


Así o puxemos en práctica durante este curso nas clases de música. Utilizamos diferentes pezas musicais para analizar o que nos transmitían. Intentamos explicalo tamén con palabras, razoámolo, puxemos exemplos de como nos sentíamos en determinados momentos e porqué pensamos que era así, puxémoslle nome aos nosos sentimentos e lembramos momentos nos que nos enfadábamos, tíñamos medo, ou nos poñíamos tristes... Peeeero, tal e como vimos dicindo, fíxosenos bastante máis complicado que, simplemente, volver a vivilos! 

Aí vai a TRISTEZA
Na clase de 4º de EI


Na clase de 5º de EI


Na clase de 6º de EI

 

11 de abril de 2017

Aniversarios do 2º trimestre

O venres (7 de abril) celebramos os nosos cumples nas tres aulas de infantil.

En 4º de Educación Infantil as pequenas e pequenos fixeron os 4 anos!



En 5º de Educación Infantil as pequenas e pequenos fixeron os 5 anos!



En 6º de Educación Infantil as pequenas e pequenos fixeron os 6 anos!

2 de abril de 2017

Rompamos barreiras




"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o tema elixido este ano 2017 para celebrar o 2 de abril, o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
As persoas con autismo enfróntanse a numerosas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade. As barreiras ás que se enfrontan varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas, a comprensión destas barreiras é o que nos permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e o que reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.