17 de maio de 2017

Letras Galegas 2017

Dicía Carlos Casares:  
"Se o que quero é que a lingua galega se salve, empezo por onde eu podo actuar, falándolla aos meus fillos. Mentres os meus fillos vivan, vai salvarse o galego".

No cole celebramos este día cunha romaría! 💙

Pancarta de Carlos Casares elaborada coas fotos de todas as nenas e nenos do cole:



Actuación das nosas pandereteiras:




Obra de teatro do alumnado de 2º de Educación Primaria:




"O xogo da Carrasquiña" baile do alumnado de Educación Infantil:


14 de maio de 2017

Día da nai

O domingo pasado (7 de maio) celebrouse o Día da nai, así que o venres lles levamos a mamis ou avoas uns detalliños feitos con moito cariño


10 de maio de 2017

O sabor da aventura está no mar

O sabor da aventura está no mar é un programa proposto pola Consellería do Mar co doble obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias.

O xoves (4 de maio) visitaron o noso colexio e pasámolo de marabilla coñecendo a pandilla dos Arroases, sete nenas e nenos que a través das súas aventuras decobren as múltiples vantaxes do consumo equilibrado de produtos do mar. Cada un deles ten o seu peixe ou marisco favorito, do que recibe un superpoder especial.

Máis info en: www.osabordaaventuraestanomar.com



Volvemos deixarvos por aquí o enlace desta preciosa canción sobre a fauna mariña:


Semana da froita

A última semana de abril (do día 24 ao 28) celebramos de novo unha semana da froita. Desta vez puidemos probar: amorodo, pera, sandía, plátano e pexego.


6 de maio de 2017

MÚSICA E EMOCIÓNS IV

E por último... a mellor emoción de todas: a ALEGRÍA! 😁😁😁

4º de EI


5º de EI



6º de EI