Somos os nenos e nenas de educación infantil do CEIP de Frións (Carreira-Ribeira) e queremos compartir coas nosas familias e outros "compis" as nosas aventuras nesta primeira etapa educativa do longo camiño da maxia dos saberes.
25 de xaneiro de 2018
23 de xaneiro de 2018
INVERNO
Xa que estamos nunha nova estación estes días no timbre musical estamos
escoitando un fragmento do concerto "O inverno", pertencente á colección
"As 4 estacións", obra do célebre violinista e compositor veneciano
Antonio Vivaldi (primeira metade do s.XVIII).
12 de xaneiro de 2018
CARTAS AO APALPADOR
No mes de decembro, aproveitamos a visita do Apalpador para participar nun concurso de cartas e entregarllas a el directamente. Cal foi a nosa sorpresa esta semana ao ver que ademais de pasalo xenial coa súa visita tamén foron premiadas as nosas cartas!! Que ilusión tan grande! Aquí o tedes:
"Comezando polas dos máis pequerrechos, escollemos a colectiva da aula de 3 anos do CEIP de Frións en Ribeira na que un atento profesorado foi quen de expresar sintéticamente os desexos das oito nenas e sete nenos da aula. Desexos sinxelos e fermosos de criaturas de 3 anos, sen máis voltas que o seren os propios desa idade: Que as flores medren. Que as nenas e nenos sexan todos amigos. Un hermanito de verdad. Que haxa moita herba para os cabalos. Quero ver ao meu papá que está lonxe. Que se apaguen todos os incendios. Que os coellos non teñan frío. Ver un koala. Non ter que madrugar tanto.
A seguir, continuamos no mesmo CEIP de Frións no que decidimos facer unha das excepcións que adoitamos facer logo de interpretar o material que nos chega. Dazanove cartas de nenas e nenos de 5 anos tiñan moito máis mérito en conxunto que a xeito individual. Todas facían as súas peticións con debuxos absolutamente claros e algunha tíñaas escritas. As outras estaban «traducidas» polo profesorado pero claramente con palabras dos pequenos. Que che escriban «Ke todos no se pelear» ou «CE (que) To(dos) teñan casas» «Ver un lobo» E así as dazanove… é imposíbel non premialas. O recoñecemento, e os agasallos por tanto, irán para a aula e/ou biblioteca do centro, a decidir polos pequenos."
Estas foron as nosas cartas:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)