4 de abril de 2019

Auga, calor, terra... tempo de sementar!

Coa chegada da primavera, aproveitamos para poñer a punto o horto. Durante varios días, o alumnado de infantil estivo plantando todo tipo de  hortalizas e legumes 🌱: cenorias, lentellas, tomates, espinacas, pementos, chicharos, cebolas, allos… e tamén plantas ornamentais.

Este horto non sería posible sen os coñecementos e os coidados da nosa compañeira Mari Carmen! Grazas Mari! 😃👏👏