27 de marzo de 2020

Psicomotricidade

Bo día familias, estas son algunhas actividades psicomotrices que podedes realizar na casa de parte da profe Olga:

https://drive.google.com/open?id=1gIX_CoicN3gOZDtYH8S9MszPmVgFUaKE

https://drive.google.com/open?id=1MMmiuph6o2JWyXtxuXlNu7pwYQ-C-pn_

E estes son dous temas en portugués que estivemos bailando durante este curso tanto nas sesións de música como nas de psicomotricidade:





Apertas!

25 de marzo de 2020

APLICACIÓNS DIXITAIS GRATUITAS🎮

Estimadas familias, 

a editorial Edelvives pon a disposición das familias as súas aplicacións educativas para Educación Infantil de forma gratuíta ata o 30 de xuño.




APLICACIÓNS PARA TABLETAS E MÓBILES

Para descargar as aplicacións a través da tablet ou do móbil, teredes que acceder a Google Play de Android ou a App Store de IOS, e unha vez localizadas as aplicacións utilizar o seguinte código:

CÓDIGO DE ACCESO:  edelvives

A continuación deixámosvos os enlaces de cada aplicación para que accedades a elas directamente pulsando no nome de cada una:

APLICACIÓNS PARA MÓBILES ANDROID


APLICACIÓNS PARA MÓBILES IOS



APLICACIÓNS PARA ORDENADORES

Non necesitades ningún código de acceso, tan só descargar a aplicación. A continuación deixámosvos tamén os enlaces:


APLICACIÓNS "EN CASA INFANTIL"

Para descargar estas aplicacións deberedes rexistrarvos na páxina:


Despois de rexistrarvos poderedes acceder as 3 aplicacións introducindo os códigos correspondentes que vos deixamos a continuación:

Aplicación "Qué te cuentas y molaletra 3 años"
Código: ENCASA_INFANTIL3A

Aplicación "Qué te cuentas y molaletra 4 años"
Código:ENCASA_INFANTIL4A

Aplicación "Qué te cuentas y molaletra 5 años"
Código: ENCASA_INFANTIL5A


Tamén poñen a disposición das familias un enderezo electrónico por se tedes algunha dúbida ou algún problema á hora de utilizar as aplicacións. É o seguinte:



23 de marzo de 2020

Máis ideas


 Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cren que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 deben ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.
Aulas galegas nace para axudar ao alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.
A súa intención é ser unha fonte de recursos que sume no panorama educativo galego.

Facede clic no seguinte enlace:


 A Televisión de Galicia vai emitir, desde hoxe luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas.

Toda a información no seguinte enlace:


APEGO é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Na súa web tamén atoparedes recursos como recitados, vídeos didácticos ou materiais descargables:


Apertas! 

21 de marzo de 2020

Just Dance na casa

Bo día! Aquí están os enlaces dalgunhas das cancións que estivemos practicando nas clases de música para que vos axuden a divertirvos e movervos un pouco na casa nestes días de confinamento. Un bico grande a todas e todos, un día máis, un día menos. Moita forza e moita música! A bailar!










13 de marzo de 2020

Actividades descargables

Bo día, deixámosvos aquí uns enlaces con arquivos en .pdf que podedes descargar e imprimir para realizar na casa. Na web do centro colgaranse tamén recursos para os demais niveis educativos, así como calquera información oficial e novidades: 


Actividades para o alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos):


Actividades para o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil (4 e 5 anos):

https://drive.google.com/open?id=1jCzwHb9JQI0jkiFDpyVPiDSPIOqs2F2e

A realización destas tarefas na casa (para o alumnado de Educación Infantil) é voluntaria, en ningún caso se terá en conta para a avaliación do alumnado.


9 de marzo de 2020

ESTE NON É O MAR QUE QUEREMOS!

Como sabedes, os nenos e nenas de tres anos seguimos traballando o proxecto do mar.
Baixo o lema " Este non é o mar que queremos", elaboramos un mural que colgamos no corredor de infantil, co obxectivo de concienciar sobre a importancia da redución do uso de plástico e do seu efecto nos océanos.  🐬



















ENTROIDO 2020

Aquí nos podedes ver aos nenos e nenas de tres anos disfrutando do día de Entroido 🥰