15 de xullo de 2020

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 3 ANOS


Estimadas familias,

o xoves 3 de setembro de 2020 ás 11:00 horas levarase a cabo unha reunión coas familias do alumnado que se escolariza en 3 anos de Educación Infantil, na que explicaremos como será o comezo do curso, funcionamento, organización, metodoloxía... e resolveremos todas as dúbidas que poidan xurdir.


MOI IMPORTANTE:

A mediados do mes de xullo envióusevos un correo electrónico ás direccións que facilitástedes no momento de realizar a matrícula. Se vostede non recibiu dita comunicación, por favor envíe un correo á dirección INFANTILFRIONS@GMAIL.COM indicando o nome e os apelidos do seu fillo ou da súa filla.

Grazas pola súa colaboración!

Un saúdo,

Ramón Moares Castro