31 de marzo de 2017

FINDES CULTURAIS

OS SÁBADOS DE ABRIL: TI-TI RITANDO

O Concello presentou unha programación integrada por catro montaxes que se farán no mes de abril, Mes dos Libros, nos que se conmemoran os Días do Libro Infantil e Xuvenil.
Nesta ocasión contarán con compañías da nosa terra e de fóra de Galicia, concretamente, cunha madrileña: "Hilando Títeres" e outra radicada aquí pero cuxas compoñentes son vascas, "Larraitz Urruzola", así como "A xanela do maxín" que ademais de “Murmurio do Mar” porá en escena a súa nova montaxe combinando monicreques e música en directo baixo o título “As aventuras de Gale”.
As funcións levaranse a cabo no Auditorio Municipal todos os sábados de abril ás 19 horas –agás o 15 de abril, por ser Sábado de Páscoa e cadrar en plenos festivos de Semana Santa. As entradas –gratuítas- poderán recollerse media hora antes de cada función ata encher aforo, priorizando o público infantil, un neno por adulto en caso de cheo do salón de actos.



O DOMINGO 2 DE ABRIL: TEATRO SEMENTE "Gretel e Bela"

Este domingo, 2 de abril, ás 18.00 h o Auditorio Municipal acollerá unha representación teatral especial para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, que cadra coa data do nacemento do escritor Hans Christian Andersen. O autor da Sereíña estaría orgulloso de ver esta nova proposta de Teatro da Semente, “Gretel e Bela”.


 As actrices Raquel Queizás, coñecida tamén en Ribeira polos seus magníficos contacontos, e Chus Álvarez dan vida ás dúas personaxes a quen se unen monicreques cos que gozará o público infantil e familiar.
 No espectáculo únense o teatro actoral, coa manipulación de monicreques e obxectos, o traballo de máscara, o canto e a música.

 Público: infantil e familiar (recomendado a partir de 5 anos)
Entrada libre e gratuíta
As portas do Auditorio abriranse ½ h antes de comezar a función

 Sinopse:
Gretel (personaxe extraída de Hansel e Gretel) e Bela (a Bela Adormecida) atópanse e comezan unha viaxe.
Tras cruzar xuntas o bosque e chegar á cidade, as dúas amigas pasarán por un tránsito que cambiará as súas vidas. Grazas á súa coraxe e á forza da súa amizade conseguirán acadar autonomía, liberdade e amor por elas mesmas.
Un cego e un moucho serán os seus compañeiros nesta súa viaxe. Un deles intentará avisalas dos perigos que corren, o outro será un obstáculo que terán que vencer para conseguiren o seu obxectivo .

26 de marzo de 2017

Día da árbore

Visto que se agardaban chuvias para o martes, este luns 20 de marzo, xunto co comezo da primavera, celebramos no cole o "Día da árbore". Dous traballadores do Concello trouxéronnos dúas árbores que axudamos a plantar no patio entre todas e todos.




Sempre é bo momento, pero estes días aproveitamos máis que nunca para lembrar a importancia que ten coidar do medio no que vivimos. Non nos olvidemos nunca da vida que nos rodea, de protexela e de transmitir os valores que fagan que os nosos pequenos e pequenas o sigan facendo... pois como dixo Rousseau:

"Hai un libro aberto sempre para todos os ollos: a natureza".

E falando de libros... non deixedes de ler esta fermosura:

22 de marzo de 2017

Unha visita especial

 O venres (17 de marzo) viñeron visitarnos ao cole a nai e o pai de Sabela (da clase de 5º de EI). Sonia leunos a fábula 🐭"A asamblea dos ratos"🐭, pois del foron disfrazadas no entroido as nenas e os nenos desta clase, estivemos suuuper atentas/os! e Jose tocou para nós, con trompea e fliscorno, varios temas musicais que todos coñecíamos, desde a canción de "Bob Esponxa" até a de "Frozen" pasando por "Star Wars" e o "Lago dos cisnes" unha das nosas favoritas! 😍
Foi unha visita xenial!  Moitas grazas Sonia e Jose! Volvede cando queirades!


Podedes ver máis fotos e mesmo algún vídeo no blog da nosa biblioteca:
http://oaquel.blogaliza.org/2017/03/17/os-contamusicos-unha-mama-contacontos-e-un-papa-musico/

13 de marzo de 2017

TALLER GRATUÍTO


Envíannos esta información desde Líbolis (www.libolis.com):


"Hola.
Nace Crea R, un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos abertos a todos os nenos do Concello, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Obradoiros cos que recorreremos toda Galicia .
En concreto esta actividade en Ribeira será o sábado 18 de marzo, cun taller de Comunicación Audiovisual.
Os nenos crearán un anuncio audiovisual para un produto concreto. A idea é que potencien a súa imaxinación e creatividade pensando usos fóra dos habituais, que expliquen para que serve, como se utiliza ou por que é necesario, que elaboren pequeno guión e graven un anuncio. Traballarán dese xeito en equipo, desenvolvendo a súa capacidade comunicativa e a súa oratoria, participando nunha experiencia divertida.Todo isto, a través do innovador método Líbolis.
Neste enlace, podedes ver toda a información, así como a forma de conseguir unha praza.

Gustaríanos moito que  poideses informar a todos os pais e nais, compartindo en redes ou da maneira que vexades mellor.

Un saúdo e moitas grazas polo voso tempo."

8 de marzo de 2017

8 de marzo 2017

 "Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente LIBRES."
 -Rosa Luxemburgo-  

2 de marzo de 2017

A galiña azul

Desde a Rede de Dinamización Lingüística FalaRedes convídannos a gozar coa obra infantil máis famosa de Carlos Casares "A galiña azul". A actividade vai dirixida a nenas e nenos (de 3 a 12 anos) coas súas familias.

Sábado 4 de marzo, ás 17:30h no Auditorio Municipal de Ribeira, animádevos! E ademais hai agasallo!

Día de Rosalía

O día 24 de Febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (1837). Como ese día no cole tiñamos o festival de Entroido decidimos facerlle unha homenaxe o día 22. Seguimos o proposto pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e despois de facer un repaso da figura da Autora, e dalgunhas lecturas da súa obra, cada alumna/o decorou unha máscara de Rosalía e todos xuntos nos transformamos nela baixo o lema: #Rosalíate