27 de novembro de 2017

ÁRBORES DE OUTONO

Aproveitando a gran cantidade de follas secas 🍁 que temos no patio, estreamos as tesoiras e compuxemos as nosas propias árbores de outono  🌰🌲🍂
  





24 de novembro de 2017

Samaín 2017

Este ano seguimos a liña do anterior e celebramos a festividade do Samaín cunha divertidísima xincana 💪 que rematou nunha deliciosa chocolatada 😋, conxuro incluído!







As nenas e nenos trouxeron unha chea de preciosas cabazas 🎃 que empregamos para decorar a entrada do cole e as diferentes probas da xincana.





22 de novembro de 2017

Música de outono

Estes días estamos escoitando no timbre musical esta divertida canción de outono de Uxía Lambona e a Banda Molona! A bailar!


NOTA INFORMATIVA: SEGURIDADE ENTRADAS/SAÍDAS



"Rosa caramelo" na Biblioteca Municipal

Este sábado, 25 de novembro, cadrando coa conmemoración dunha data tan importante como é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, convídannos a todas as nenas e nenos de entre 4 e 8 anos (e familias) a participar nesta interesante actividade pola igualdade.

“Rosa Caramelo”, contacontos de Talía teatro (intérprete: Artur Trillo; directora: Paula Carballeira)
Data: 25 de novembro
Hora: 12.00 h
Lugar: Biblioteca Municipal de Ribeira (R/Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Ribeira)
Dirixido a: nenas e nenos de 4 a 8 anos
Entrada libre e gratuíta


Sinopse:
Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

A representación:
Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Nesta montaxe composta de catro historias nas que se combinan a palabra e a música, créase unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.



9 de novembro de 2017

NOTA INFORMATIVA: MAGOSTO

Fogo Nicolás

Estes días no timbre musical está soando o "Fogo Nicolas". Este é un tema musicado polo gaiteiro Xosé Manuel Budiño; trátase dunha canción a medio camiño entre a cantiga popular e o trabalinguas e que conta tamén con explosivas onomatopeas.
"Fogo Nicolás" forma parte do Libro-CD-DVD "Celtic Roots", no que participaron nenos/as de Nigrán, Manchester e Bray (Irlanda), o seu obxectivo era afondar, a través da música, nas raíces culturais comúns dos tres países atlánticos.


6 de novembro de 2017

Día da Biblioteca

O día 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. Este ano Lola, da libraría Aenea, veu contarnos e amosarnos uns contos preciosos. Estivemos superatentos!