24 de maio de 2018

Preparando a festa da Dorna! ⛵🎇🎉⛵



Xa rematamos a flor dorneira que acompañará unha exposición itinerante por distintos edificios de Ribeira. A primeira parada da exposición será o hospital do Barbanza para finalmente acabar decorando as rúas da vila durante a festa da Dorna!










30 de abril de 2018

NOTA INFORMATIVA: ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS


O alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) non é preciso que traia a cantidade de 2€ xa que como é o último curso da etapa e aínda teñen bastante remanente, collerase esa cantidade do fondo da aula.

15 de abril de 2018

Primavera

Aínda que non o pareza estamos en primavera! Por iso no timbre musical está soando esta obra de Vivaldi:


12 de abril de 2018

Os libros da titiriteira

Hoxe veu visitarnos ao cole Celtia Figueiras, unha das compoñentes da compañía de monicreques "A Xanela do Maxín", co seu espectáculo "Os libros da titiriteira".
Non se tratou dun espectáculo común nin dun contacontos corrente, senón que se mesturaron ambos conceptos: grandes libros que conteñen non seu interior pequenas historias nas que todo é posible.




18 de marzo de 2018

Charla sobre TDA-H

Infórmannos desde a Asociación TDAH Salnés de que:

"O día 23 de Marzo, ás 20h., na Casa da Cultura de Boiro, terá lugar unha Charla-Conferencia (gratuíta) sobre o Trastorno do Déficit de Atención e Hiperactividade e outros trastornos que corren paralelos.
Estas charlas, dirixidas a familiares, educadores e docentes organízanse co fin de dar maior visibilidade a este trastorno e poder dar apoio a todas aquelas persoas que de maneira directa ou indirecta teñen relación do TDA-H ou poidan ter sospeitas do mesmo."


7 de marzo de 2018

8M

E o timbre musical é...



RUXIR

Adoitaba morderme a lingua e aguantar a respiración, 
asustada de balancear o barco e causar un desastre,
así me sentaba calada, educadamente, estaba de acordo,
supoño que me esquecín de que podía elixir,
deixei que me empurraras máis aló
da miña "liña de flotación",
mantíñame en pé por nada, así que todo me facía caer.

Tirábasme para abaixo, pero eu levanteime
tendo xa sacudido o po,
oes a miña voz, oes ese son,
como un trono, vou facer tremer o chan (que pisas).
Tirábasme para abaixo, pero eu levanteime,
prepárate, porque xa tiven suficiente,
enténdoo todo, agora o entendo (véxoo).

Teño a mirada do tigre,
o lume, bailando a través do lume, 
porque eu son unha campiona,
e ti vas a oírme ruxir,
máis alto, máis alto que un león,
porque eu son unha campiona,
e ti vas a oírme ruxir,
vas a oírme ruxir.

Agora, estou flotando como unha bolboreta,
punzante como unha abella, gañeime as miñas raias,
partín desde cero, ata ser o meu propio heroe.

Tirábasme para abaixo, pero eu levanteime...

23 de febreiro de 2018

Dia de Rosalía

O día 24 de febreiro é o aniversario de Rosalía de Castro. A modo de celebración durante esta semana estivemos aprendendo e decorando as fiestras con diferentes poemas desta gran poetisa galega. Hoxe tamén realizamos unha pequena festa na súa honra, con tirada de globos incluída.
Non podían faltar as felicitacións no timbre musical, no que estes días está soando o poema "Adiós, ríos; adiós, fontes" a ritmo do grupo Astarot.
Deixámosvos aquí un vídeo resumo de todo o que fixemos


22 de febreiro de 2018

Contacontos para bebés

Este sábado, 24 de febreiro, ás 12.00 h haberá un contacontos para bebés (0 a 3 anos) e as súas familias na Biblioteca Municipal; os irmanciños máis maiores dos bebés tamén poden asistir.

23 de xaneiro de 2018

INVERNO

Xa que estamos nunha nova estación estes días no timbre musical estamos escoitando un fragmento do concerto "O inverno", pertencente á colección "As 4 estacións", obra do célebre violinista e compositor veneciano Antonio Vivaldi (primeira metade do s.XVIII).


12 de xaneiro de 2018

CARTAS AO APALPADOR

No mes de decembro, aproveitamos a visita do Apalpador para participar nun concurso de cartas e entregarllas a el directamente. Cal foi a nosa sorpresa esta semana ao ver que ademais de pasalo xenial coa súa visita tamén foron premiadas as nosas cartas!! Que ilusión tan grande! Aquí o tedes:


"Comezando polas dos máis pequerrechos, escollemos a colectiva da aula de 3 anos do CEIP de Frións en Ribeira na que un atento profesorado foi quen de expresar sintéticamente os desexos das oito nenas e sete nenos da aula. Desexos sinxelos e fermosos de criaturas de 3 anos, sen máis voltas que o seren os propios desa idade: Que as flores medren. Que as nenas e nenos sexan todos amigos. Un hermanito de verdad. Que haxa moita herba para os cabalos. Quero ver ao meu papá que está lonxe. Que se apaguen todos os incendios. Que os coellos non teñan frío. Ver un koala. Non ter que madrugar tanto.
A seguir, continuamos no mesmo CEIP de Frións no que decidimos facer unha das excepcións que adoitamos facer logo de interpretar o material que nos chega. Dazanove cartas de nenas e nenos de 5 anos tiñan moito máis mérito en conxunto que a xeito individual. Todas facían as súas peticións con debuxos absolutamente claros e algunha tíñaas escritas. As outras estaban «traducidas» polo profesorado pero claramente con palabras dos pequenos. Que che escriban «Ke todos no se pelear» ou «CE (que) To(dos) teñan casas» «Ver un lobo» E así as dazanove… é imposíbel non premialas. O recoñecemento, e os agasallos por tanto, irán para a aula e/ou biblioteca do centro, a decidir polos pequenos."

Estas foron as nosas cartas: